SOBRE PSEUDOMORCEGAMEBOIDE

Pseudomorcegameboide, máis coñecida como Pseudomorcega, comezou a desenvolverse polo ano 2005 en terras galas (hai quen diría “nunha irreductible aldea que resiste…”), nun xogo de coordinación.

Cada quen tiña un xesto identificativo propio que había que coñecer se querías comunicación efectiva con todo o grupo…

Entón o xogo consistía en integrar un ritmo, presentarte e chamar á outra persoa, que respondía e contactaba con outra, mentres as demáis seguían co son. O punto estaba en mante-lo foco para non perde-lo patrón, que chegaba a alcanzar, por intres, velocidades moi intensas. Isto non complicaba as cousas, máis ben o contrario, pois coa axuda da beberaxe máxica, claro, canto máis conectadas máis fluía a situación.

Hoxe, pódese dicir que a Pseudomorcega debuxa coma quen que escribe un diario; como xesto de expresión.

Nin máis nin menos.

Que ocorre cando atopa a Unakitanogueira?

“quen ten cu ten medo, ou un orgasmo”